OMIX CAMBADOS
- 986 520 902 ext #762
- 673 533 331
- omix@cambados.es
Avda. da Coruña s/n -1º – Fefiñáns (CAMBADOS)
Avda. da Coruña s/n -1º – Fefiñáns (CAMBADOS)
Máis de 50.000 entidades colaboradoras repartidas por toda España con descontos en diferentes áreas.
Máis de 50 países adheridos á rede do carné xove. Máis Información ao respecto en http://www.eyca.org
Aloxamentos, comida e bebida, compras, cultura e ocio, deportes, formación e cursos, saúde e beleza, servizos, viaxes e transportes.
Podes coñecer tódalas ofertas do Carné Xoven en cada unha das difrentes comunidades autónomas
Poderás soclicitar por primeira vez, ou renovar o teu carné xove achegándote ao Centro Sociocultural de a Mercé, oficina da OMIX.
Descarga e cumplimenta este impreso. Aboa 6€ en concepto de liquidcación de taxas mediante este impreso. Se precisas axuda acode a web do carné xove.
Podes chamar ao teléfono de contacto 986520902 ext #762 para que che indiquen os requisitos para a súa expedición.
Moitas son as vantaxes que che aporta este carné. Entre as máis salientables están os descontos en transportes públicos, expedición de documentación, matrículas escolares...
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus fillos/as.
Documentación para facer o carné xove: Tes que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas.
Podes acodir ao punto de información xuvenil do teu concello.
Tamén podes descargar os modelos de pago de autoliquidación polas taxas de expedición dende este enlace.
Estes son os códigos que che axudarán a cumplimenta-lo modelo de pago.
O modelo de solicitude do carné podes descargalo dende este enlace.
Unha vez cumprimentdo podes remitir a través do Portelo da Xunta a documentación e reicibirás no teu domicilio o carné.
Tipos de descontos:
Non debedes esquecer que todos os descontos que figuran, non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.
As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné xove, poden solicitar, a efectos de comprobación, a presentación do DNI.
Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).
A aplicación dos descontos nos servizos e/ou artigos realizarase na dirección dos colaboradores que se indica para cada paso. Se houbera calquer outro sitio ou procedemento (venta anticipada) será preciso informarse en cada caso.
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou vantaxe.
Se algún establecemento non realizara o desconto, deberedes poñelo en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante a folla de reclamación.
Iso si, debedes ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa ou modificar os seus datos notificándoo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web.
aviso Legal | privacidade | axuda | mapa do sitio | accesibilidade